VI FESTIVAL INFANTIL

Na Escola de Música e Baile tradicional Herba Grileira imos celebrar a 6ª edición do Festival Infantil o vindeiro sábado 11 de marzo, no Centro Sociocultural Mingos de Pita.

Participará o alumnado de Herba Grileira con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. En total máis de cincuenta cativos que serán os auténticos protagonistas dunha xornada cultural que dará comezo ás 19:00 horas e na que ao longo de hora e media se poderán ver diferentes actuacións de baile, gaita, acordeón, pandeireta, canto e percusión.

A ganadora do concurso de debuxo que inspirou o cartel do festival foi Xiana Filloy Lagares.







Entradas populares de este blog

CONCERTO BANDA GRILEIRA

VII FESTIVAL INFANTIL