VII FESTIVAL INFANTIL
Na Escola de Música e Baile tradicional Herba Grileira imos celebrar a 7ª edición do Festival Infantil o sábado 16 de marzo , no Centro Sociocultural Mingos de Pita . Participará o alumnado de Herba Grileira con idades comprendidas entre os 5 e os 15 a nos. En total máis de cincuenta cativos e cativas que serán as auténticas protagonistas dunha x ornada cultural que dará comezo ás 18:00 horas e na que ao longo de hora e media se poderán ver diferentes actuacións de baile, gaita, acordeón, pandeireta, canto e percusión. Acompañaranos a A.C Brisas do Quenllo de Tordoia.