VII FESTIVAL INFANTIL

Na Escola de Música e Baile tradicional Herba Grileira imos celebrar a 7ª edición do Festival Infantil o sábado 16 de marzo, no Centro Sociocultural Mingos de Pita.

Participará o alumnado de Herba Grileira con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. En total máis de cincuenta cativos e cativas que serán as auténticas protagonistas dunha xornada cultural que dará comezo ás 18:00 horas e na que ao longo de hora e media se poderán ver diferentes actuacións de baile, gaita, acordeón, pandeireta, canto e percusión.

Acompañaranos a A.C Brisas do Quenllo de Tordoia.




 

Entradas populares de este blog

CONCERTO BANDA GRILEIRA