PRESUME DE GALEGO
Presume de Galego celebra a súa 10ª edición este venres 30 de xaneiro na Sala Gatos (Melide). Este é un proxecto do ENDLG do IES de Melide que leva unha década unindo música, lingua e participación do alumnado. Este ano contamos coa banda Loita Amada, coa colaboración de Herba Grileira e cun aniversario moi especial: Cuarta Xusta, que tamén cumpre 10 anos e naceu neste mesmo escenario.
💙 Presume de Galego é máis ca un concerto: é un proxecto educativo premiado, colectivo e vivo, que demostra que a música en galego é pasado, presente, pero sobre todo: futuro. Agardamos que o desfrutedes!
