Entradas

BANDA GRILEIRA

Imagen
A Banda Grileira estará na celebración do 30 aniversario de Fiadeira. 🗓️ Venres 18 de setembro 🕗 21h 📍Antas de Ulla 

CURSO 2026/27

Imagen
En outubro comeza un novo curso en Herba Grileira. A volta á rutina que si botabamos de menos!  Xa podedes inscribirvos naa diferentes aulas. Animádevos!

BANDA GRILEIRA

Imagen
𝙁𝙚𝙨𝙩𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙎𝙖𝙣 𝙍𝙤𝙦𝙪𝙚 𝟮𝟬𝟮𝟲. A Banda Grileira actuará hoxe na Praza do Convento de Melide.  Unha homenaxe ás bandas de música, charangas e murgas que ao longo do século XX puxeron en valor a música tradicional a través dos seus repertorios. 📅 Venres 21 de agosto, ás 21:30 horas. 📍 Praza do Convento.

FESTAS DE SAN ROQUE

Imagen
O venres 21 agosto  a partir das 11h, a Banda de Gaitas e Percusión de Herba Grileira será a encargada da animación de rúa nas Festas do San Roque de Melide.  Agardámosvos!!

MEMORIAL RICARDO PORTELA

Imagen
A musica tradicional de Herba Grileira tamén estivo presente en Pontevedra na 27 edición do 𝐌𝐞𝐦𝐨𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐑𝐢𝐜𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐞𝐥𝐚 que organiza a Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG en colaboración co Concello de Pontevedra.

A PÉ DE RÚA

Imagen
O domingo 28 despedimos o curso co noso xa tradicional a "pé de rúa". O alumnado da Escola de Herba Grileira sae á rúa a tocar e a bailar. Vide compartir con nós este día de festa e troula 🎶. Agardámosvos ás 12h na Praza do Convento.

ROMARÍA GRILEIRA

Imagen
 O vindeiro domingo 28 de xuño, aproveitando que é véspera de festivo en Melide, celebramos o fin de curso coa nosa Romaría Grileira! Despois do noso tradicional A PÉ DE RÚA, que terá lugar pola mañá, xuntarémonos no Centro Médico Vello para compartir un xantar popular e celebrar o remate do curso. E pola tarde teremos festa e baile asegurado con @benofancharanga 🥁💜 Agardámosvos para pechar o curso como máis nos gusta: na rúa, con música e moitas ganas de festa!