BANDA GRILEIRA
Banda Grileira é unha formación composta por máis de 40 músicos que pretende homenaxear a todas as bandas de música, charangas e murgas que ao longo do S. XX puxeron en valor a música tradicional a través dos seus repertorios.
Un proxecto onde colaboran diferentes músicos de banda, e onde se mesturan os sons e ritmos máis tradicionais cos sons dos instrumentos das bandas de música popular.