VOLVE A BANDA GRILEIRA
Este sábado volvemos xuntarnos… e facémolo na casa! A Banda Grileira estará na Festa do Melindre de Melide cun espectáculo moi especial, deses que saben a tradición e a festa compartida. Un percorrido pola música galega do século XX, mesturando os sons máis tradicionais coa forza das bandas populares. Unha viaxe de música e baile que nos leva por diferentes momentos da nosa historia. Porque non hai nada máis doce ca unha romaría compartida.