OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA
O sábado 24 de xaneiro teremos con nós en Melide a Fransy González, unha das voces máis recoñecidas do panorama musical galego, cunha traxectoria moi vencellada á música tradicional e á súa transmisión. Ao longo dos anos colaborou con diversos artistas e proxectos, levando a nosa música de raíz a escenarios ben distintos sen perder nunca a esencia.
Nesta ocasión vainos achegar repertorio da comarca de Bergantiños, unha terra coa que ten unha ligazón persoal e musical moi especial.
