CINCO ANOS DE COMPROMISO COA CULTURA TRADICIONAL
Comezamos un novo curso na escola de Herba Grileira e facémolo este ano con especial ilusión, xa que celebramos o noso quinto aniversario. Chegamos a unha desas cifras simbólicas que tanto se prestan para botar a vista atrás e contemplar o camiño percorrido: un camiño breve pero sen dúbida intenso e produtivo, feito sempre en harmonía, sempre unindo, sempre sumando e sempre tentando que Melide medrase arredor dese patrimonio común que é a cultura tradicional.
Cumprimos cinco anos e semella que xa quedan moi lonxe aquelas conversas informais entre amigos que habían servir para sentar as bases da escola. O proxecto naceu das inquietudes dun grupo de xente nova e foise construíndo aos poucos; sen cartos ningúns pero con ilusión, con esforzo persoal, con moita implicación, tempo dedicado e, sobre todo, crendo de verdade no que se facía.
Así chegamos ao día de hoxe, no que somos máis de 150 alumnos e alumnas de todas as idades: unha gran familia. Podemos dicilo con orgullo, porque Herba Grileira representa un proxecto que transcende ás escolas nas que todo queda dentro de clases que rematan ás horas en punto. Herba Grileira é máis ca iso; é un espazo no que ao longo deste cinco anos se forxaron amizades, se descubriron vocacións e talentos ocultos, un espazo dende o que se fixeron festas en compañía da veciñanza e no que se compartiron moitos momentos, bos e malos. Coma nunha gran familia...
Esa familia é tamén a da Asociación Musical e Cultural Herba Grileira, que se creou sen ánimo de lucro para darlle soporte á escola e facer que medrase ano tras ano. Sen ningún tipo de axudas nin subvencións, perseguindo sempre o autofinanciamento, fomos quen de ir acadando os nosos obxectivos grazas ao traballo de quen formamos parte dela é á contribución económica dos soci@s a través das súas cotas. Desta volta queremos ser máis ambiciosos ca nunca e xa estamos cavilando na mellor maneira de celebrar o noso aniversario. Haberá festa multitudinaria con música e baile, diversos obradoiros ao longo do curso e moitas máis actividades que vos iremos desvelando. Dádevos por convidad@s!
Cumprimos cinco anos e cifra tan simbólica non só se presta para botar a vista atrás, senón tamén para facer agradecementos a todas as persoas que nos axudaron desinteresadamente a conseguir o que hoxe temos. De xeito moi especial, queremos darlle as grazas á xente que nas últimas semanas se puxo en contacto con nós para manifestarnos o seu apoio neste inicio de curso diferente. Son o exemplo de que moitas persoas saben valorar o traballo que facemos e a mostra de que tamén é maioría quen non ve nel máis cá unión de veciños e veciñas para cantar e tocar, para transmitir coñecementos, para compartir dentro e fóra das clases. Herba Grileira é iso e nada máis: unha gran familia coas portas sempre abertas, conscientes de que non se pode facer cultura de costas a ninguén.